CIDADES PATRIMONIO

O Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España recada fondos para os damnificados do terremoto de Xapón

03/06/2011 Celebrouse no Parador de Alcalá de Henares a cea de gala benéfica "Por Xapón", ofrecida polo Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España e Paradores de Turismo. O obxectivo da iniciativa era recadar fondos para os damnificados de Xapón tras o terremoto que azoutou o país o pasado 11 de marzo.

A concelleira de Urbanismo e Educación en funcións, Mercedes Rosón, representou o Concello de Santiago neste acto benéfico. Entre outros, tamén participaron o alcalde de Ávila, Miguel Ángel García; o alcalde de San Cristóbal de La Laguna, Fernando Clavijo; a tenente de alcalde de Tarragona, Carmen Crespo; o alcalde de Alcalá de Henares, Bartolomé González; o presidente de Paradores de Turismo, Miguel Martínez; e o embaixador de Xapón en España, Fumiaki Takahashi.

Compartir: