TURISMO
O premio do público á Mellor Tapa foi para A Tafona, pola súa Torrada con xeado de crema de augardente, mentres que o premio á (é)xcelencia recaeu no Abastos 2.0. Tamén se entregou o premio á tapa que mellor maridaba con Estrella Galicia Artesana a Bocado doce de vieira, do restaurante Garum.
O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a Gala, na que tamén interviu o concelleiro de Promoción Económica e Turismo en funcións, Xosé Manuel Iglesias.
O restaurante O Curro da Parra gaña a cuarta edición de Santiago(é)Tapas
01/06/2011 O Mercado de Abastos acolleu a gala de entrega de premios do IVo Concurso de Tapas Santiago(é)Tapas. Pechouse así unha edición na que se consumiron máis de 30.000 tapas.
O xurado decidiu que a Mellor Tapa cociñouna o restaurante O Curro da Parra, preparando o seu Bloody Mary made in Galicia. O segundo e terceiro galardón foron, respectivamente, para O Acio e o Hotel Puerta del Camino, polas súas tapas Salpicón de polbo e Pescada sobre emulsión de chícharos, ceboliñas ao tomiño, limoeiro e pataca confeitada.O premio do público á Mellor Tapa foi para A Tafona, pola súa Torrada con xeado de crema de augardente, mentres que o premio á (é)xcelencia recaeu no Abastos 2.0. Tamén se entregou o premio á tapa que mellor maridaba con Estrella Galicia Artesana a Bocado doce de vieira, do restaurante Garum.
O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a Gala, na que tamén interviu o concelleiro de Promoción Económica e Turismo en funcións, Xosé Manuel Iglesias.