EDUCACIÓN E MOCIDADE

Comenza o programa "Música na Escola"

20/02/2006 O departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago presentou o programa "Música na Escola" que se desenvolverá ao longo do mes de marzo en tódolos colexios que o soliciten.

Máis de 1.665 estudantes de educación infantil, primaria e da ESO acercaranse á música clásica a través dunha serie de concertos didácticos ofrecidos pola Banda Municipal de Música no Teatro Principal e no Auditorio de Galicia ao longo do mes de marzo.

Con estes concertos preténdese que os máis xóvenes se acerquen á música clásica e coñezan os instrumentos empregados, e os estilos musicais interpretados pola Banda Municipal de Música. Trátase de dar a coñecer a música como unha forma de expresión e comunicación, e que os rapaces aprendan a valorar a Banda Municipal como unha parte máis do patrimonio cultural e social da cidade.

Por sexto ano consecutivo tamén se pon en marcha o programa de concertos de música tradicional para introducir aos rapaces no coñecemento da nosa tradición musical dun xeito lúdico e municipal. Disfrutarán deste programa máis de 2.000 escolares de 17 colexios compostelán. A interpretación de diferentes pezas por parte do grupo de música tradicional "Caldaloba" e Felisa Segade do grupo "Leilía" servirá para explicar, entre outros temas, o proceso de elaboración dos instrumentos tradicionais.

Con motivo do 250 aniversario do nacemento de Mozart os escolares tamén poderán participar nunha serie de concertos nos que se interpretarán pezas do compositar alemán.

Compartir: