AUDITORIO DE GALICIA

Juanjo Mena ao fronte da Real Filharmonía de Galicia no concerto do xoves, 23 de febreiro

21/02/2006 Juanjo Mena dirixe á Real Filharmonía de Galicia
e ao pianista Christopher Hinterhuber no concerto do xoves, 23 de febreiro. O concerto comezará ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección do mestre Juanjo Mena, interpretará neste concerto as obra de J. Durán "Variacións sobre un tema de Sorozábal", o "Concerto para piano en la menor op. 54"de R. Schumann e o "Cuarteto en re menor, D 810 "A morte e a doncela" de Schubert e Malher

Juanjo Mena, é un dos directores españois máis interesantes da súa xeración. Estudiou composición con C. Bernaola e dirección de orquestra con Enrique García Asensio e Sergiu Celibidache, iniciando unha brillante traxectoria artística que o levou ser en 1999 director titular da Nova Orquestra de Euskala Herría e director asociado da Orquestra Sinfónica de Euskadi.

Desde entón dirixe varias formacións como a Orquesta Nacional de España, Orquesta Sinfónica de RTVE, Orquesta de Valencia, Filarmónica de Málaga, Orquesta Sinfónica de Barcelona e Nacional de Cataluña, Real Orquesta Sinfónica de Sevilla, Staatsphilarmonie Rheinland-Pfalz, Orquesta Filarmónica de Bucarest, Orchestra Sinfonica Nazionalle della RAI, Orchestra Filarmonica della Scala, Bergen Philharmonic, Baltimore Symphony e Berner Symphonie.

Colabora tamén con solistas da talla de Aldo Ciccolini, Emanuel Ax, Elisabeth Leonskaja, Julian Rachlin, Rudolf Buchbinder, Joshua Bell, Mischa Maisky, Pepe Romero, Ruth Ziesak, Frank Peter Zimmermann, Steven Isserlis, Gérard Caussé, Asier Polo, Viktoria Mullova e Truls Mørk, entre outros.

Juanjo Mena é director titular e artístico da Orquesta Sinfónica de Bilbao desde 1999.

Christopher Hinterhuber

O pianista Christopher Hinterhuber sustitúe nesta concerto a a Cristina Bruno, que suspendeu a súa actuación por enfermidade.

Christopher Hinterhuber é un dos pianistas novos europeos máis interesantes do momento. Ofreceu recitais como solista e concertos de música de cámara en salas tan importantes como o Wiener Konzerthaus e Musikverein, a Philharmonie Gasteig en Munich, a Brucknerhaus en Linz, a Mozarteum en Salzburgo, a Musikhalle en Hamburgo, a Gewandhaus en Leipizg e a Casals Hall en Tokio, ademais de tocar como Rising Star na temporada 2002-2003 nunha serie de concertos internacionais no Canergie Hall, Nova York, Athens Concert Hall, Palais des Beaux Arts de Bruxelles, Concertgebouw Ámsterdam, Wigmore Hall, London Koserthus Stockholm, Festipielhaus Baden-Baden,
Symphony Hall Birmingham, Musikverein Wien, Mozarteum Salzburg e Philharmonie en Colonia.

Debutou nun concerto con orquestra (Segundo concerto de Rachmaninow) no Musikverein en Viena con Yakov Kreizberg en marzo de 1999. Recibiu numerosas invitacións para participar en prestixiosos festivais como o Carinthian Summer en Ossiach, a Schubertiade en Schwarzenberg, o Klangbogen Festival en Viena, o Festival Mozart en Augsburgo e o International Chamber Music Festival en Kyoto.

Estudou con Axel Papenberg, Rudolf Kehrer, Heinz Medjimorec e Avo Kouyoumdjian na Universidade de Viena. En 2000 alcanzou o grao de máster en piano coa máxima cualificación cunha representación das Variacións Goldberg. Tamén obtivo o respaldo artístico de Lazar Berman, Alexander Longquich e Louis Lortie na Academia pianística de Imola, Italia como Oleg Maisenberg, Murria Perahia e Dimitri Bashkirow despois de asistir ás súas clases.

Gañou o primeiro premio no concurso internacional J.S. Bach en Leipzig, J.S. Bach en Saarbrücken, a Unisa International Piano Competition en Pretoria, Sudáfrica, a Geza Anda Competition, Zuric 2000 e o 11th International Beethoven Competition en Viena en 2001.

Compartir: