REHABILITACIÓN E CASCO HISTÓRICO

O casco histórico de Santiago, referente para a rehabilitación do concello de Ferrol

20/02/2006 A concellería de Urbanismo do Concello de Ferrol vén de elaborar unha ordeanza reguladora do Rexistro Municipal de Solares e Edificios a Rehabilitar a través da que o Concello pode obrigar a edificar en fincas baleiras, rehabilitar inmobles ou concluír obras non finalizadas.

A normativa para frear o deterioro urbanístico no concello de Ferrol, que entrará en vigor en xuño, elaborouse seguindo as liñas mestras da ordeanza que funciona en Santiago de Compostela, aprobada pola Xunta de Goberno Local o 14 de novembro de 2005.

A ordeanza do concello de Santiago contempla a creación dun libro rexistro municipal de solares e edificacións que cómpre rehabilitar, regulando o obxecto, os prazos, o ámbito de aplicación e o estabelecemento das condicións e prazos da edificación forzosa, tratando de definir as obrigas dos propietarios de soares e inmóbeis en orde á súa edificación nos prazos que correspondan.

Que o concello de Ferrol tome como modelo a seguir a rehabilitación do casco histórico compostelán é un paso máis no recoñecemento das políticas de rehabilitación, conservación e xestión aplicadas desde hai anos na nosa cidade.

Compartir: