ALCALDÍA

O alcalde reuniuse co ministro de Economía de Uruguai, Fernando Lorenzo

13/05/2011 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi co ministro de Economía de Uruguai, Fernando Lorenzo, de visita en España para manter distintos contactos políticos e empresariais.

No encontro, alcalde e ministro falaron de diversos asuntos de actualidade, así como da colaboración entre Santiago e Uruguai en ámbitos relacionados cos residentes ausentes composteláns. O Concello ten asinado convenios con algunhas das institucións dese país americano que dan cabida a veciños composteláns, co obxecto de mellorar a calidade de vida destes.

Compartir: