XUVENTUDE

A Concellaría de Xuventude inaugura unha exposición fotográfica dos mellores momentos do "MúsicaXove’10"

12/05/2011 O concelleiro de Xuventude e Festas, Xosé Baqueiro, inaugura na tarde do xoves 12, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche a exposción fotográfica do 3º Certame . O acto contará coa presenza do autor das imaxes, o fotógrafo Per Rueda, e dos grupos finalistas do concurso musical, que recibirán unha placa conmemorativa pola súa participación.

O certame, convocado polo Departamento de Xuventude, creouse co obxectico de promocionar, impulsar e canalizar a creatividade musical dos xoves. O concurso ten como destinatarios os artistas emerxentes que manteñen a súa actividade en Galicia, e acolle en cada edición unha exposición que mostra a creatividade musical daqueles grupos que participaron no concurso e chegaron á selección final, dando a coñecer diferentes propostas musicais nas modalidades de:

• Metal: Desequilibrio Mental, Nightcrawler e Empezar de Cero
• Pop-Rock: Bëlop, Por placer e Frab Fly

A exposición, que permanecerá aberta ata o 31 de maio, está composta por 45 fotos en cor de cada unha das fases finais do certame, con todos os grupos finalistas por categorías. As imaxes captan o mellor de cada un dos concertos na Sala Capitol.

O autor da mostra é o fotógrafo Per Rueda (Santa Cruz de Tenerife, 1977; e galego de adopción). Centra o seu traballo no fotodocumentalismo dende hai 15 anos. Realizou fotografía fixa en películas e curtametraxes que foron premiadas co Mestre Mateo. Ademais participou en diversas publicacións e libros, como Xardíns das mariñas e Enciclopedia del Camino de Santiago. Fixo reportaxes en Palestina e Gaza, participando tres anos no Fisahara, o Festival de Cine Internacional do Sáhara. Segundo as súas palabras, un dos aspectos que mellor o definen como profesional da fotografía é a capacidade para extraer a personalidade e crear unha imaxe completa das persoas que retrata.

Xunto co seu socio Andrés Fraga, crearon Simboloxico Vol.2, unha pequena empresa que serve para canalizar os traballos de foto, deseño, web e comunicación.

Documentos relacionados



Compartir: