CULTURA

Comenza o ciclo de cine "8 Olladas para o Milenio"

08/02/2006 A Coordenadora Galega de ONG’s polo Desenvolvemento, en colaboración coa Dirección Xeral de Coopoeración Exterior da Xunta de Galicia e da concellería de Cultura do Concello de Santiago, organiza, do 9 ao 12 de febreiro, no Teatro Principal, o ciclo de cinema solidario " 8 Olladas para o Milenio".

"8 Olladas no Milenio" está baseada na Campaña dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, que co lema Pobreza Cero, pretende dar a coñecer realidades ocultas como a fame e a pobreza á vez que chamar a atención sobre os compromisos adquiridos polos Xefes de Estado de Goberno de 189 países, na chamada Declaración do Milenio, asinada no 2000 na sede das Nacións Unidas.

Neste ciclo de cine cada película busca que, a través das imaxes, o público comprenda cada un dos oito Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Cada proxección tratará un deste obxectivos que, se pretenden acadadar en 2.015:

Erradicar a pobreza extrema e a fame: O pesadelo de Darwin, de Hubert Sauper .
Acadar a educación primaria universal: Nin un menos, de Zhang Yimou.
Promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller: Moolaadé, de Ousmane Sembene .
Reducir a mortalidade infantil: Alí Zaoua, de Nabil Ayouch.
Mellorar a saúde materna: O sangue do cóndor, de Jorge Sanjinés.
Combater a SIDA, o paludismo e outras enfermidades: No mundo a cada rato, de varios directores .
Garantir a sostibilidade ambiental: A princesa Mononoke, de Hayao Miyazaki.
Fomentar unha asociación munidal para o desenvovlvemento: A Toma, de Avi Lewis.

Deste xeito as organizacións no gubernamentais reclaman, entre outras moitas cousas, máis e mellores axudas, cancelara a débeda, protexer os servizos públicos de privatizacións, modificar as normas do comercio internacional.

Os filmes poderanse ver no Teatro Principal dous pases, un ás 21.00 horas e outro ás 23.00 horas.

Compartir: