Turismo

225 turoperadores asisten en Tenerife á presenatción da campaña de promoción de Santiago e Galicia e

08/02/2006 Despois da recente presentación en Palma de Mallorca da campaña ‘Santiago, Puerta de entrada de Galicia’, o sector turístico presentou o mércores 7 de febreiro en Tenerife a devandita campaña, para promover a viaxe desde as illas canarais a Santiago de Compostela con paquetes culturais de estancia longa.

A promoción en Tenerife do paquete turístico creado por Travelplan e Turismo de Santiago para estancias longas en Compostela reuniu a máis de 225 turoperadores e medios de comunicación interesados en coñecer unha iniciativa que converte á capital galega en destino cultural preferente e en punto de partida para achegarse ao resto da oferta turística da comunidade.

Estas xornadas de promoción, organizadas conxuntamente pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, Turismo de Santiago, Turgalicia e Travelplan, comezaron o pasado 1 de febreiro en Palma de Mallorca e continuaron o 7 de febreiro no Salón La Cascada de Tenerife, coa presenza dunha delegación galega encabezada polo director xeral de Turismo, Rubén Lois, polo xerente de Turismo de Santiago, Iñaki Gaztelumendi e por José Oreiro en representación de Compostur.

A presentación da campaña repetirase o xoves, 9 de febreiro, no Hotel Santa Catalina de As Palmas de Gran Canaria.

O paquete presentado aproveita os 11 voos directos –14 en temporada alta- de Air Europa entre as illas e o aeroporto de Lavacolla para ofrecer aloxamento por 5 ou 7 noites, visita guiada con mp3, excursións radiais pola comunidade galega e transfers. A isto engádense os servizos suplementarios que comercializa o turoperador compostelán Compostur, a través do cal os viaxeiros poden reservar visitas adicionais, sesións de balneario, deportes de natureza, excursións por Galicia e outros produtos turísticos.

Foto: O director xeral de Turismo, Rubén Lois González; o xerente de Incolsa, Iñaki Gaztelumendi; José Oreiro e directivos de Travelplan na cea-presentación de Tenerife.

Compartir: