REHABILITACIÓN DA CIDADE HISTÓRICA

O alcalde recibe á un grupo de técnicos latinoamericanos en rehabilitación

08/02/2006 Un numeroso grupo de directores de oficinas de rehabilitacion de centros históricos latinoamericanos, directores de escolas taller e persoal técnico cooperante da Axencia Española de Cooperación Iberoamericana (AECI) visitará o xoves, 8 de febreiro, Santiago de Compostela ao obxecto de coñecer a experiencia de rehabilitación do patrimonio histórico da capital de Galicia, recoñecida internacionalmente con numerosos premios e distincións polo seu carácter exemplar.

A visita se enmarca no "II Encontro de Directores de oficinas técnicas de centros históricos" que se desenvolve en Madrid do 6 ao 15 de febreiro no marco do Programa de Patrimonio da Cooperación Española en Iberoamérica, programa para o apoio de iniciativas municipais dirixidas á ordenación e recuperación dos centros históricos e do patrimonio urbano,

Neste "II ·Encontro" planificaronse diversas visitas a concellos con programas de rehabilitación de interese para os participantes. Así Aguilar de Campoó (Palencia), Granada, Alcalá la Real (Jaén) e Compostela foron seleccionadas para estas visitas.

En Compostela a xornada de traballo comezará ás 9.00 horas do xoves 8 de febreiro na Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, nº 19) onde os 58 participantes nesta visita serán recibidos polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e polos concelleiros de Turismo e Rehabilitación da cidade histórica, Francisco Candela e Mercedes Rosón, respectivamente.

Posteriormente e ao longo da xornada técnicos municipais, como os arquitectos Ángel Panero da Oficina de rehabilitación do Consorcio da cidade, Javier Fernández, da Oficina municipal da cidade histórica e de rehabilitación do Concello de Santiago (OciHR), e o urbanista e coautor do Plan Especial, Ánxel Viña, esporán diversas ponencias,.

O programa previsto é como segue:

9.00 h. Benvida do alcalde aos participantes.

9.15 h. Ponencia sobre "Figuras de planeamento na protección dun centro histórico Patrimonio da Humanidad: experiencia de xestión e aplicación do Plan Especial de Santiago de Compostela".

10.00 h. Ponencia sobre "Os programas de rehabilitación de vivendas e locais na cidade histórica".

11.15 h. Ponencia sobre cidade histórica e turismo.

12.00 h Ponencia sobre cidade histórica e proxecto de cidade
12.45 h. Coloquio.
13.30 h. Visita á Oficina municipal da cidade histórica e de rehabilitación do Concello de Santiago (OciHR) na Praza de Cervantes. Visita ao pazo de Casas Reais.

Compartir: