ALCALDÍA
En si mesma, esta rúa xa presentaba dificultades pola súa irregularidade, con distintas anchuras ao longo dos seus aproximadamente 400 metros. Outra dos problemas máis complexos eran as infraestruturas para a recollida de augas pluviais, que foron cambiadas, ao igual que a rede de iluminación.
Nunha das marxes da rúa, de sentido único, situáronse as beirarrúas. Na outra, as 32 prazas de estacionamento –ata agora non existía ningunha-, entre as que se alternaron árbores. O carril para os vehículos ten unha anchura de 3,5 metros e construíuse con asfalto brando, que evita o ruído.
A rúa Torreira gaña novas beirarrúas e prazas de estacionamento
13/03/2011 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado polo concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, visitou as obras de reurbanización realizadas na rúa Torreira, financiadas no marco dos Fondos Estatais para o Emprego e a Sostibilidade Local. Esta intervención permitiu darlle unha apariencia urbana ao vieiro -que agora é de sentido único- creando beirarrúas e 32 prazas de estacionamento.
Esta actuación non estivo exenta de dificultades, coma un desprendemento que obrigou a construír uns muros de contención. Isto demorou a obra, polo que foi necesario solicitar unha prórroga para a mesma.En si mesma, esta rúa xa presentaba dificultades pola súa irregularidade, con distintas anchuras ao longo dos seus aproximadamente 400 metros. Outra dos problemas máis complexos eran as infraestruturas para a recollida de augas pluviais, que foron cambiadas, ao igual que a rede de iluminación.