ALCALDÍA

Sánchez Bugallo recibe ao capitán da Terceira Compañía da Garda Civil

08/02/2006 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao capitán da Terceira Compañía da Garda Civil, José María Ezeiza Díaz, quen tomou posesión do seu novo destino en Compostela o pasado 10 de xaneiro.

O novo responsable da Garda Civil nun ámbito de dezasete municipios departeu con Sánchez Bugallo sobre aspectos concernentes á seguridade na nosa cidade.

A preguntas da prensa Ezeiza Díaz lembrou que Galicia está por baixo da media estatal nos índices de delincuencia, e suliñou que os principais delitos seguen sendo os cometidos contra o patrimonio persoal, aínda que se constata un sensible aumento dos delitos vencellados coa violencia doméstica, en parte motivado polo maior número de denuncias presentadas sobre este tipo de delitos.



Compartir: