ALCALDÍA
"Desexo que as Forzas e Corpos de Seguridade esclarezan canto antes estes feitos e deteñan os culpables, así como que a Xustiza cualifique estes sucesos da forma adecuada para que non se sigan producindo, a fin de evitar unha desgraza irreparable".
Sánchez Bugallo agradece as múltiples mostras de solidariedade recibidas tanto desde os partidos políticos como desde os distintos axentes sociais.
Por último, o alcalde sinala que Santiago é unha cidade absolutamente tranquila, con carácter xeral, a pesar de accións esporádicas deste estilo que nada teñen que ver coa ampla maioría da poboación compostelá.
Comunicado do Concello de Santiago sobre a explosión dun artefacto nunha antiga vivenda do alcalde
09/03/2011 Ante os feitos ocorridos na madrugada do martes ao mércores nun inmoble da rúa Doutor Teixeiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, lamenta ante todo, o susto e as molestias causadas aos veciños do devandito edificio, o que supón a maior preocupación para o rexedor nestes momentos.
Xosé A. Sánchez Bugallo condea este atentado, así como todos os que se produciron en Galicia e en Santiago, nomeadamente os que tiveron lugar en datas recentes contra a vivenda do profesor Roberto Blanco Valdés ou contra diferentes empresas e entidades do entorno compostelán."Desexo que as Forzas e Corpos de Seguridade esclarezan canto antes estes feitos e deteñan os culpables, así como que a Xustiza cualifique estes sucesos da forma adecuada para que non se sigan producindo, a fin de evitar unha desgraza irreparable".