ALCALDÍA

Sánchez Bugallo asistirá á inauguración do Instituto Cervantes de Sofía

03/02/2006 O alcalde de santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, viaxará a Sofía (Bulgaria) o vindeiro xoves 10 de febreiro para asistir á inauguración do que será o Instituto Cervantes máis grande do leste de Europa.

Este instituto responde ao grande interese que existe en Bulgaria por España e a súa cultura, segundo explicou a directora do Instituo na capital búlgara, Luis Fernanda Garrido. A biblioteca da sede contará con 5.000 volumes entre música, películas, diccionarios e libros en castelán, catalán, vasco e galego.

A sede será inaugurada polos Príncipes de Asturias, Don Felipe e Dona Leticia, e contará coa presenza do director dos Institutos Cervantes, César Antonio Molina.

Ese mesmo día, á vez que a nova sede do Instituto Cervantes de Sofía, inaugurarase a exposición "Destino:Santiago" na nova sede. A mostra está elaborada polo Centro Galego de Arte Contemporánea, e ten como obxectivo promover a obra de artistas galegos, a cidade de Santiago de Compostela e a cultura galega. A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, o director de Cultura do Instituo Cervantes, Xosé Luis García Canido, o director do CGAC e comisario da mostra, Manuel Olveira, asistirán á inauguración da mostra.

Compartir: