TURISMO

Turismo promove nas illas Baleares as viaxes a Compostela

02/02/2006 A Consellería de Innovación e Industria, Turgalicia, Turismo de Santiago e Travelplan presentaron en Palma de Mallorca a campaña ‘Santiago, Puerta de entrada de Galicia’, para promover a viaxe desde as illas españolas ata a capital galega con paquetes culturais de longa estancia.

Na presentación, realizada o 1 de febreiro no Casino de Palma de Mallorca, participaron 250 turoperadores e unha ampla representación do sector turístico compostelán, encabezada polo conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco; o director xeral de Turismo, Rubén Lois; o concelleiro de Turismo compostelán, Francisco Candela; o xerente de Turismo de Santiago, Iñaki Gaztelumendi e José Oreiro, director do turoperador oficial da cidade, Compostur.

A campaña "Santiago, Puerta de entrada de Galicia" presenta a Compostela como destino cultural preferente para os mallorquinos e punto de partida para achegarse ao resto da oferta turística galega.

O paquete presentado inclúe voo directo de Air Europa entre as illas e o aeroporto de Lavacolla, aloxamento por 5 ou 7 noites, visita guiada con mp3, excursións radiais pola comunidade galega e transfers. A isto engádense os servizos suplementarios que comercializa o turoperador compostelán Compostur , a través do cal os viaxeiros poden reservar visitas adicionais, sesións de balneario, deportes de natureza, excursións por Galicia e outros produtos turísticos.

As presentacións deste campaña continuarán nas Canarias, cun acto de presentación o martes, 7 de febreiro.

Tanto o director xeral de Travelplan, o Conselleiro galego de Innovación e Industria e o concelleiro de Turismo compostelán coincidiron en sinalar a importancia do convenio alcanzado por Travelplan e Turismo de Santiago para a promoción de Galicia como destino cultural, con especial énfase nas estancias longas e nas temporadas media e baixa.

A promoción na capital balear do paquete turístico creado por Travelplan e Turismo de Santiago para estancias longas en Compostela reuniu a máis de 250 turoperadores e medios de comunicación interesados en coñecer unha iniciativa que converte a Compostela en destino cultural preferente para os mallorquinos e en punto de partida para achegarse ao resto da oferta turística galega.

O paquete presentado inclúe voo directo de Air Europa entre as illas e o aeroporto de Lavacolla, aloxamento por 5 ou 7 noites, visita guiada con mp3, excursións radiais pola comunidade galega e transfers. A isto engádense os servizos suplementarios que comercializa o turoperador compostelán Compostur, a través do cal os viaxeiros poden reservar visitas adicionais, sesións de balneario, deportes de natureza, excursións por Galicia e outros produtos turísticos.

Os asistentes puideron ademais disfrutar dunha cea-espectáculo organizada por Turgalicia baixo o nome de ‘Cabaré galego’, que combina escenas de revista coa degustación de produtos gastronómicos.

As presentacións continuarán nas Canarias
As posteriores intervencións do director xeral de Travelplan, do Conselleiro galego de Innovación e Industria e do concelleiro de Turismo compostelán coincidiron en sinalar a importancia do convenio alcanzado por Travelplan e Turismo de Santiago para a promoción de Galicia como destino cultural, con especial énfase nas estancias longas e nas temporadas media e baixa.

O presentación repetirase o martes 7 de febreiro no Salón La Cascada de Tenerife e o xoves 9 no Hotel Santa Catalina de As Palmas de Gran Canaria. Corresponderá entón aos turopeadores canarios entrar en contacto coas vantaxes do paquete turístico para aproveitar os 11 voos –14 en temporada alta- cos que Air Europa conecta semanalmente ao aeroporto de Lavacolla coas illas españolas.

Compartir: