XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno dá o visto bo ás obras de saneamento na Rochiña e Sarela de Abaixo

18/01/2011 A Xunta de Goberno, en sesión ordinaria, adxudicou as obras de saneamento e bombeo de augas residuais en Sarela de Abaixo e na Rochiña (Son de Abaixo). Ademais, determinouse a empresa encargada do asesoramento e colaboración na inspección fiscal dos tributos do Concello de Santiago.

As obras de saneamento e bombeo de augas residuais en Sarela de Abaixo suporán un investimento de 250.039 euros. No caso da Rochiña (Son de Abaixo), a intervención terá un custo de 124.860 euros. Esta última obra finánciase con cargo ao convenio asinado coa Deputación da Coruña o 31 de xullo de 2010, polo que esta asume o 80% do gasto e o resto o Concello.

Facenda
En materia de Facenda, adxudicouse definitivamente o servizo de asesoramento e colaboración na inspección fiscal dos tributos do Concello de Santiago. A adxudicataria ofertou unha porcentaxe do 16% sobre as cantidades netas recadadas nos procedementos de comprobación e/ou inspección fiscal e sancionadora.

Deportes
A proposta do concelleiro de Deportes, concedéuselle á Federación Galega de Fútbol Sala a utilización de diferentes pavillóns municipais durante o que resta de temporada para celebrar as súas propias competicións, así como para calquera outra de similar natureza que dependa do devandito organismo. O programa de utilización e dispoñibilidade dos pavillóns virá determinado pólo Departamento de Deportes.

Documentos relacionados



Compartir: