ALCALDÍA

O Colexio de Médicos estrea instalacións adaptadas ás novas tecnoloxías

13/01/2011 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, inauguraron a nova sede compostelá do Colexio Oficial de Médicos da Coruña (San Pedro de Mezonzo, 39-41). A entidade investiu 600.000 euros na profunda remodelación das instalacións, adaptadas agora ás necesidades tecnolóxicas actuais e con novos espazos.

A sede conta cunha recepción-vestíbulo, seis despachos, unha sala de xuntas, un salón de actos, unha sala de informática e espazos polivalentes para os colexiados. Culminouse así a total remodelación interior do inmoble, que data de 1974.

O Colexio de Médicos da Coruña, presidido por Luciano Vidán, ten na actualidade 5.700 colexiados, dos que 2.500 pertencen á área de Santiago.

Compartir: