MEDIO AMBIENTE

O Concello recollerá as árbores de Nadal para a súa recuperación e reutilización

05/01/2011 A partires do luns día 10 e ata o venres 14 de xaneiro, ambos incluídos, a Concellería de Medio Ambiente realizará a recollida das árbores de Nadal que poidan ser recuperadas.

As persoas que desexen facer entrega de árbores, para a súa posterior replantación, poden chamar aos seguintes teléfonos:

Departamento de Parques e Xardíns: 981 542 421, de luns a venres de 09:00 a 15:00 h.

Protección Civil: 981 543 105, de luns a venres: 08:00 a 15:00 h e de 16:00 a 20:00 h
Sábado e Domingo: 10:00 a 14:00 h

Salvagardar a integridade do maior número de plantas é o obxectivo fundamental desta campaña de recollida de árbores, que xa se vén realizando todos os invernos dos últimos anos. Nun primeiro momento as árbores serán trasladadas ao viveiro municipal para a súa aclimatación, xa que proceden dun ambiente moi agresivo para elas como son as vivendas con calefacción. Unha vez recuperadas serán replantadas en espazos públicos ou ben conservadas no propio viveiro para poder ser usadas novamente no próximo Nadal.

En todo caso, a Concellaría do Medio Ambiente lembra que a cidadanía, para colaborar na conservación destas árbores, tamén ten a posibilidade de mantelas vivas nos seus predios ou fincas particulares ou mesmo nos espazos exteriores das vivendas, ata o vindeiro Nadal.

Medio Ambiente agradece a implicación de Protección Civil e a colaboración da Concellaría de Promoción Económica nesta campaña, xa que cede unha furgoneta para a recollida destas árbores.

Compartir: