FESTAS

Concluíu unha nova e exitosa edición do festival de corais do Nadal

28/12/2010 Celebrouse a terceira e última xornada do festival de corais do Nadal. Numeroso público achegouse ao Teatro Principal para gozar coas interpretacións de cinco corais da cidade. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a velada, na que tamén se entregaron agasallos ás formacións participantes.

As corais Amigos de Compostela, A Ruliña de Laraño, Colexiata de Sar, Santa Susana e Cantigas e Agarimos foron as encargadas de pechar o certame de corais do Nadal. Nas dúas xornadas anteriores tamén participaran a Coral Xúbilo. Asociación de Pensionistas e Xubilados de Santiago, Coral Pontemantible, Coral Coto da Nai, Coral Asociación Cultural Amigos do Castiñeiriño, Coral Irmán Gómez, Coral La Salle, Coral José Saramago, Coral Polifónica de Lavacolla, Coral A Xuntanza e Coral Polifónica Alfaia.

Compartir: