TRANSPORTES

Tussa aproba un gasto de 1,65 millóns de euros para o exercicio 2011

20/12/2010 A sociedade municipal TUSSA afronta o novo exercicio 2011 cunha previsión de ingresos de 1.792.704,32 € e unha previsión de gastos de 1.659.748,66 €.

Para este ano, a Sociedade aposta polo impulso do transporte urbano, non só o convencional, senón tamén o transporte individualizado en bicicleta, ampliando a partida de promoción e publicidade do transporte público.

Hai que destacar que os investimentos de 2011 van dirixidos á mellora global da información ao usuario do transporte urbano, recolléndose unha partida de 65.000 euros para a adquisición de postes electrónicos de información ao usuario, e outra de 10.000 euros para a adaptación da páxina web de TUSSA, introducindo unha aplicación indispensable para a mellora global da información, na que os usuarios poderán calcular o tempo real de chegada do bus, como ir dunha zona a outra, etc.

Compartir: