PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Os composteláns amosan a súa solidariedade na Casa das Asociacións de Cornes

18/12/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou os actos programados dentro da iniciativa Nadal Solidario, organizada pola Concellería de Participación Cidadá en colaboración coa revista Made in Santiago. O sábado 18 e o domingo 18 celébrase na Casa das Asociacións un rastrillo solidario, e alí recóllense tamén alimentos e xoguetes para doar á Cociña Económica, Cottolengo, Cáritas e Albergue de Xoán XXIII.

Neste rastrillo solidario, os comerciantes poñen á venda os seus stocks e outros produtos, destinando unha porcentaxe das súas vendas que consideren oportuna ás entidades beneficiarias. Pero tamén os cidadáns se sumaron a esta campaña como voluntarios, monitores de actividades, preparando comidas tradicionais, etc.

No rastrillo non só se venden os artigos dos comercios, xa que a organización recolleu roupa usada, pero en bo estado, que se vende igualmente. O recadado tamén irá para as catro entidades beneficiarias.

Compartir: