EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música celebrou o seu Festival de Nadal

17/12/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo e a concelleira de Educación Mercedes Rosón Ferreiro, asistiron ao Festival de Nadal da Escola Municipal de Música. Neste concerto plasmouse o traballo do profesorado e do alumnado nos últimos meses.

Uns 250 alumnos e os seus profesores participaron neste concerto especial, aberto polo coro de nenos co Nadal de Cela. A banda da Escola interpretou American Patrol e a Sinfonía do Novo Mundo (Dvorak), mentres que o coro PEX tocou P`allacito (trad. arxentina), Canon a 3 (B. Bartok) e Kalypso.

O conxunto tradicional interpretou Rumba, Vals e Nadal de Luintra. O Coro PEPA tocou Dona Nobis Pacem e Noite de Paz. Finalmente, a orquestra da Escola agraciou aos asistentes coa música de catro pezas: Danza da Praza de Olga, Danza holandesa, Danza Irlandesa e Danza Rusa, ademais de Oh! Branco Nadal, esta última en colaboración cos coros PEX e PEPA.

Compartir: