DEPORTES

O Concello entrega os trofeos á deportividade aos Clubes de fútbol

26/01/2006 O Clube Noyamóvil Atlético Fátima B (2ª categoría rexional), o Clube Rúanova (3ª categoría rexional), o Club Compañía de María (categoría xuvenil) e o Clube I.B. Rosalía de Castro (categoría cadete) recibiron de mans do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, os trofeos á deportividade dos clubes de fútbol, que anualmente concede o Concello.

A entrega dos trofeos, correspondentes á tempada 2004/2005, tivo lugar o mércores, 25 de xaneiro, na Casa do Concello. Estes premios distinguen aos clubes que recibiron ao longo de tempada menos tarxetas e amonestacións.

Os galardóns (unha peza cerámica de Sargadelos) foron creados na tempada 2000/2001 a proposta da Delegación de fútbol de Santiago, atopando o respaldo do Concello. Optan a este recoñecemento os equipos en competición da zona de Santiago nas categorías 2ª rexional, 3ª rexional, xuvenil e cadete.

Compartir: