ALCALDÍA

Encontro do alcalde co líder da antiga Igrexa Ortodoxa Grega en Xerusalén

16/12/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo reuniuse en Raxoi co arcebispo de Sebaste, Theodosius Atallah Hanna, quen está en Santiago para manter diversos contactos con autoridades civís e eclesiásticas.

Sánchez Bugallo agradeceu a presenza na cidade de "tan eminente representante da Igrexa Ortodoxa" e conversou con el de diversos asuntos de actualidade. O arcebispo de Sebaste afirmou que "Santiago e Xerusalén están unidos espiritualmente" e convidou ao alcalde a visitar esta cidade.

O ilustre visitante deixou a súa sinatura no Libro de Honra do Concello. O alcalde agasallouno cun gravado de Compostela e o arcebispo entregoulle pola súa parte diversos obxectos e imaxes de Xerusalén.

Theodosius Atallah Hanna ostenta o máis alto grao da antiga Igrexa Ortodoxa Grega en Xerusalén e Terra Santa. É o primeiro palestino que exerce este cargo na súa terra natal.

Compartir: