TRANSPORTES

Os condutores do transporte urbano fórmanse no manexo das novas canceladoras

16/12/2010 O concelleiro de Transportes e Mobilidade, Carlos Nieves, e o xerente de TUSSA, José Ramón Mosquera, visitaron as instalacións en Amio da operadora do transporte urbano Tralusa. Alí puideron coñecer de primeira man o plan de formación dos condutores cara a posta en funcionamento, a vindeira semana, das novas máquinas expendedoras de billetes e lectoras das tarxetas.

Os condutores das catro operadoras do transporte urbano da cidade están asistindo a un curso formativo no que se lles explica o funcionamento das novas máquinas canceladoras. Estas mellorarán o sistema actual de billete, así como o de coordinación co novo plan de transporte metropolitano asinado hai uns días para toda a área metropolitana de Santiago.

En total, foron adquiridas 63 novas máquinas expendedoras, software de xestión e terminais de inspección. Destinouse un orzamento de 230.000 euros, subvencionados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Compartir: