URBANISMO

Entregados os premios do Concurso de Fotografía "Realidades de EMUVISSA"

15/12/2010 A concelleira de Urbanismo e Vivenda, Mercedes Rosón, entregou os premios do I Concurso de Fotografía Realidades de EMUVISSA, convocado pola empresa municipal para celebrar o seu décimo aniversario. A esta primeira edición do certame presentáronse 21 fotografías.

O gañador do certame foi José Domínguez Fernández, mentres que o segundo e terceiro premio foron, respectivamente, para Sandra Chore Márquez e Carlos Álvarez Martínez. Recibiron 500, 300 e 200 euros.

I Concurso de Fotografía Realidades de EMUVISSA estaba dirixido a afeccionados ou profesionais e a súa temática xiraba en torno a calquera aspecto (edificios, espazos libres, vías, beirarrúas, mobiliario, etc) das obras finalizadas de EMUVISSA.

Compartir: