ALCALDÍA

A rúa López Ferreiro amosa xa as súas remodeladas beirarrúas e novos servizos

11/12/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado do concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama, visitou as obras realizadas na rúa López Ferreiro, realizadas con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local 2010.

A rúa conta agora con novas beirarrúas e calzada. As obras supuxeron tamén a substitución dos materiais e tecnoloxías na rede da auga e alumeado público, co obxecto de reducir o consumo enerxético. Creáronse tamén infraestruturas para a recollida selectiva de lixo mediante colectores soterrados e mellorouse a seguridade viaria e mobilidade. O orzamento foi de 322.923 euros.

Compartir: