INFRAESTRUCTURAS

A substitución da tubería de abastecemento de auga en Meixonfrío avanza a bó ritmo

25/01/2006 As obras de substitución da tubería de abastecemento de auga en Meixonfrío, inicadas por vía do emerxencia o 19 de xaneiro, continúan desenvolvéndose segundo as previsións iniciais, estando previsto que rematen no prazo incialmente previsto duns quince días, segundo confirmou o concelleiro de Infraestructuras, Bernardino Rama.

As graves alteracións no subministro de auga potable no barrio de Meixonfrío, que afectaban especialmente aos veciños das rúas Devesa e Tabaniscas, provocaron que o Concello acordará por vía de emerxencia a substitución da vella tubería por unha nova conducción, co propósito de garantir a normalidade dun servizio esencial para os cidadáns.

As reiteradas roturas nas conduccións, motivadas en boa parte polo movemento de maquinaria de obra na zona e pola propia antigüidade dunha rede que xa estaba previsto renovar, aconsellaron a adopción desta medida de emerxencia.

Ao longo do desenvolvemento desta obra, que requiere proceder a cortes transitorios no subministro no momento de realizar as necesarias interconexións na rede, os veciños son informados con antelación destas interrupcións na procura de causar as menores molestias posibles.

O Concello reitera as súas disculpas polas molestias sufridas polos veciños, así como as que se poideran causar no transcurso da execución desta obra.

Compartir: