ALCALDÍA

A directora xeral da UNESCO, Irina Bokova, falou de paz en Santiago

09/12/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a directora xeral da UNESCO, Irina Bokova, que está en Santiago para participar no Foro 2010.

Irina Bokova asinou no Libro de Honra do Concello e mantivo unha breve reunión co alcalde. Non faltou na conversa a referencia aos 25 anos que se veñen de cumplir da declaración de Santiago como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (4 de decembro de 1985).

Posteriormente, no Salón Nobre de Fonseca, a directora xeral Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura pronunciou a conferencia "O papel da UNESCO na construción da Paz", no marco do acto académico organizado polo Foro 2010 e pola Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos.

Compartir: