CULTURA

O célebre director británico Robert King dirixirá a Real Filharmonía de Galicia

25/01/2006 Robert King dirixe á Real Filharmonía de Galicia no próximo concerto programado o venres, 27 de xaneiro, ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia. O programa inclúe obras de Haendel, Geminiani e Rameau

A Real Filharmonía de Galicia,interpretará neste concerto as obras de Haendel, Concerto grosso en Si bemol, op. 3, nº 2 e Música acuática HWV 348-350; de Geminiani, Concerto grosso en mi menor, op. 3, nº 3 e de Rameau, Les Boréades (Suite).

Robert King
Robert King está considerado como un dos máis grandes directores británicos da súa xeración. Nado en 1960, recibiu unha educación musical temperá formando parte do famoso St. John's College Choir de Cambridge, onde gravou como solista o Requiem de Duruflé. Volveu á Universidade de Cambridge para finalizar os seus estudos musicais e en 1980 fundou a orquestra barroca The King's Consort, coa que desenvolveu unha intensa actividade como director, visitando case todos os países europeos, Norteamérica, Sudamérica e Asia Oriental. Realizou tamén xiras por Xapón, Australia, Israel e Taiwán. Robert King é o director artístico do Nordic Baroque Music Festival de Suecia e do ION Festival de Nüremberg.

Actualmente dedícase tanto á súa propia orquestra como á súa crecente actividade como director invitado de orquestras internacionais, especialmente nos EUA, España e Escandinavia.

Entre os seus proxectos de futuro inclúe dirixir por primeira vez á Orquesta Ciudad de Barcelona e Les Violons de Roy, así como a súa volta á RAI National Symphony Orchestra de Italia (Turín), a Orquesta Pablo Sarasate, BBC Singers e a Arthus Symphony Orchestra.

Compartir: