EDUCACIÓN E MOCIDADE

O VII Foro de ONGs desenvolverase o sábado 28 de xaneiro

25/01/2006 Perto de 25 ONGs participarán no VII Foro das ONGs que terá lugar o sábado, 28 de xaneiro, en Área Central organizado polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago de Compostela, xunto coa Coordinadora Galega de ONGs e outros colectivos.

O programa do Foro foi presentado pola Concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, e o secretario da Coordenadora Galega de ONGs, Fidel Martín.

O Foro desenvólvese coincidindo coa celebración do Día Mundial pola Paz, o luns 30 de xaneiro.

No marco deste Foro, o sábado 28 ao longo de toda a xornada as asociacións participantes darán á coñecer á cidadanía os seus materiais e proxectos.
O programa de actividades é como segue:

11 h. Apertura do espazo solidario: presentación de experiencias e postos informativos das diferentes ONGs participantes.

12 h. Chocolate solidario. Colaboran: Asociación de Comercio Xusto e o Instituto de Educación Secundaria Compostela (Escola de Hostelería).

12.30 h. Concerto da Banda Municipal de Música de Santiago.

1300 h. Lectura do Manifesto.

13.15 h. Chocolate solidario. Colaboran: Asociación de Comercio Xusto e o Instituto de Educación Secundaria Compostela (Escola de Hostelería)

13.30 h. Actividades do Foro: contacontos; obradoiros; proxección de documentais; exposicións fotográficas.

17 h. Continuación das actividades do Foro.

19.30 h. Peche das actividades

Os obxectivos deste Foro son:
-Traballar na defensa e promoción dos dereitos humanos, avanzando na loita contra a discriminación de calquer tipo.
-Aproximar aos cidadáns ao mundo das ONG.
-Promover o coñecemento dos proxectos e actividades que desenvolven as organizacións non gobernamentais.

Está prevista a participación das seguintes ONGs:

· ACCIÓN CONTRA A FAME
· AMARANTE
· ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
· ASAMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
· AXUDA EN ACCIÓN
· BICIS POLA PAZ
· COORDINADORA GALEGA DE ONGs
· COOPERA
· CRUZ VERMELLA
· EDUCACIÓN SEN FRONTEIRAS
· ENTRECULTURAS-FE E ALEGRÍA
· FARMACÉUTICOS MUNDI
· FORO DE INMIGRACIÓN
· FUNDACIÓN ROPKA
· IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO
· INTERED
· INTERMÓN-OXFAM
· JÓVENES TERCER MUNDO
· MANS UNIDAS
· MÉDICOS DO MUNDO-GALICIA
· PANXEA
· PROYDE
· REDES
· SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ
· UNICEF

Avance de actividades a desenvolver:

AMARANTE: Obradoiro de presentación e información sobre "Consumo responsable"

AMIGOS DA TERRA-XUVENTUDE: Obradoiros de refugallo dirixidos a grupos de 20 nenas/os máximo.

IMPLICAD@S NO DESENVOLVEMENTO:Obradoiros (nenas/os de 14 a 18 anos): O teu consumo decide (sobre comercio xusto) e A India e Etiopía máis preto, dinámica para traballar con imaxes un coñecemento mellor sobre a diversidade de ambos países.

COORDINADORA GALEGA DE ONG PARa O DESENVOLVEMENTO:
Divulgación de materiais da Campaña de Comercio Xusto, para todas, para todos en todas partes.
Materiais Campaña Pobreza Cero.
Guía de ONG de Galicia 2005
Caderno sobre os dereitos civis: "Eu teño un soño". Homenaxe a Rosa Lee Parks.

BICIS POLA PAZ: Ludoteca intercultural/obradoiro de contacontos solidarios
desenvolvemento: construcción de "arbores atrapadoras de contos solidarios"
trasladando as lendas indixenas dos atrapa-soños a nosa realidade forestal, con carton vello, ceras de cores, fio e agulla, construimos atrapadoras de contos que penduradas atrapan contos solidarios. Despois facemos unha sesión de contos cos contos atrapados.
participantes: nenas/os de calquera idade

INTERED: Audiovisual de 15min sobre o tema: "Igualdade para o desenvolvemento. Se a muller avanza o mundo tamén", xunto cunha guía didáctica.

SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ: Proxección do documental: "En son de paz".

MANS UNIDAS: Proxección dos vídeos: "Con el Sur" e "¿Qué es Manos Unidas Campaña contra el Hambre?"

ASAMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ: Proxección dos vídeos: Vexo, vexo. Duración 20 min.
Actividade "Test de tolerancia".

Para máis información:
Departamento de Educación e Mocidade
Concello de Santiago de Compostela
Tfno: 981- 55 44 00
Fax: 981- 57 15 11

Compartir: