DEPORTES

A cidade felicita ao Lobelle

25/01/2006 O equipo campión da Copa, o Autos Lobelle de Santiago, foi recibido por unhas dúas mil persoas na Praza do Obradoiro que quixeron compartir co seu equipo o título recén acadado.

Ás oito e media da tarde do martes 24, o Lobelle achegouse á Praza do Obradoiro nun autocar descapotable, logo de percorrer a cidade para compartir cos composteláns o primeiro título nacional da súa historia e do deporte de Santiago.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto a toda a corporación, ofreceron unha recepción institucional na Casa do Concello a toda a plantilla, á que tamén asistiu a conselleira de Deportes da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo. O alcalde felicitounos polo título acadado e manifestou o seu orgullo en nome de toda a cidade.

Contentos e emocionados, os membros do equipo prometeron facer todo o posible para volver a final de tempada coa Liga.

Compartir: