ALCALDÍA

O Presidente da Xunta e o Presidente da Fegamp asinan o Pacto Local

20/01/2006 O Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)
Xosé Crespo Iglesias, asinaron o Pacto Local que permitirá unha maior autonomía dos concellos e a racionalización dos seus custos. O alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, asistiou ao acto de sinatura do Pacto Local

Con este Pacto preténdese reducir a precariedade financeira dos municipios galegos. Esta situación refléxase nos 600 euros que a Administración local adica a cada habitante fronte aos 2.000 euros dos países da Unión Europea. Cada municipio galego recibirá seis millóns de euros máis como complemento dos 72 que establece o Fondo de Cooperación Local.

A Comisión Galega de Cooperación Local determinará os criterios que se empregarán para distribuír estes fondos. Tamén estudará a creación dun Fondo de Compensación Interterritorial de Galicia para axudar aos municipios menos desfavorecidos.

Compartir: