CULTURA

Chega a película sorpresa de Cineuropa

24/11/2010 Cineuropa cumpre cunha das súas citas de máis esperadas: a proxección da película sorpresa do festival. Como en cada edición, haberá un único pase desta cinta que os afeccionados poderán ver este xoves, 25 de novembro, ás 22:00 horas, no Teatro Principal.

Para animar ao público a acudir a cita de mañá e non perder a expectación, algunhas pistas:

- Como cada ano, temos reservado para esta ocasión un dos filmes máis esperados da temporada. E iso que a película sorpresa desta edición é, en si mesma, un verdadeiro enigma. Unha auténtica espiral. Algo así como un cruce de Os modernos de Alan Rudolph e O cabaleiro escuro.

- A película da que falamos ten protagonista enmascarado pero as súas rúas non son as de Gotham.

- Por ela pasan persoeiros reais e tamén de ficción. Un dos máis famosos presentadores da televisión norteamericana e un cómico inglés da nova fornada.

- O título, o da película sorpresa deste ano, non está escrito no vento, pero case. Non en vano fala dunha pantasma. Ou case.

Como en edicións precedentes xa sucedera con outras películas sorpresa -o caso de Dancing in the dark, My Blueberry Nights ou Whisky- estamos seguros de que o filme deste ano tamén quedará entre os títulos máis recordados de Cineuropa. Quen levará a máscara, ou o mascarón, na película enigma desta XXIV edición?

Compartir: