ALCALDÍA

Encontro do alcalde coa presidenta da Federación de Empresarias de Galicia

24/11/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a presidenta da Federación de Empresarias de Galicia (FEGA), María Irene Bonet González, quen lle comentou os obxectivos da nova directiva que ela lidera.

Foi o primeiro contacto formal de María Irene Bonet co alcalde tras a súa elección hai pouco máis de catro meses como presidenta da FEGA. No seu encontro falaron de diversas cuestións de actualidade e mostraron o súa mutua dispoñibilidade para a colaboración.

A Federación de Empresarias de Galicia estreou hai pouco a súa nova sede, situada no edificio Fundación Empresa-Universidade (Feuga).

Compartir: