ALCALDÍA
O punto de partida será una reflexión sobre a patoloxía da construción e os seus múltiples ámbitos específicos, e como se combinan estes coa rehabilitación arquitectónica. Amplíanse os temas presentados en edicións anteriores e introdúcense novos puntos de vista, ofrecendo un perfil máis aberto do congreso para a participación de diferentes profesionais vinculados ao mundo da edificación e o urbanismo.
Presentaranse os últimos avances da investigación e a execución, mediante propostas que traten as estratexias para a rehabilitación, as metodoloxías de diagnose, o ditame e proxecto, a adecuación á normativa vixente, a recuperación de espazos públicos e as súas infraestruturas, a adaptación enerxética, o reforzo de estruturas, a eficiencia das instalacións, as técnicas de reparación, así como a análise de casos concretos de proxectos e obras rehabilitadas.
A rehabilitación, a mellor política de vivenda
O alcalde expresou o seu desexo de que este Congreso sexa "unha oportunidade para empresas e profesionais, pero tamén para o conxunto da sociedade", e que "axuden a difundir a idea de que a rehabilitación é a política de vivenda máis barata, eficiente e que consume menos territorio". Neste sentido, recordou o empeño do Concello nos últimos 20 anos en traballar en dous planos: a rehabilitación e a construción.
Segundo explicou o decano do COAG, na última edición de 2009 en Porto a organización do congreso ofreceu ao Colexio a xestión do evento en 2012 en Santiago de Compostela, coa finalidade de buscar unha progresiva internalización e afianzar e enriquecer o intercambio técnico e científico entre España, Portugal e América Latina. A organización é conxunta entre COAG, o Concello de Santiago de Compostela, a Facultade de Enxeñería da Universidade de Porto (FEUP.UP), a Universidade Politécnica de Cataluña (UPC), a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC), a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, co apoio da Consellería de Cultura.
Contarase coa presenza duns 1.000 participantes nun proxecto deseñado para xuntar as máximas forzas posibles, co apoio das institucións e das empresas construtoras e o resto da sociedade. "Nestes momentos un dos poucos espazos onde o sector pode ter desenvolvemento económico e de crecemento é na rehabilitación, pero aínda estamos moi por debaixo de países como Alemaña, onde o 60% do que se inviste é en rehabilitación, ou o 80% en Dinamarca, mentres que en España só alcanzamos o 20%" –explicou Braña.
Para mudar este dato, García Braña apuntou que é necesario realizar rehabilitacións no patrimonio monumental, pero tamén no patrimonio edificado, como as construcións de barrios nos anos 50 e 60, onde na actualidade as formas de vida mudaron e son precisas reparacións de diversos tipos nas edificacións.
O conselleiro de Medio Ambiente apuntou que estas xornadas nacen cunha clara necesidade de reflexión porque existen factores que invitan a abrir este debate, como as novas esixencias construtivas derivadas da aplicación do Código Técnico da Edificación, a vital importancia que cobran os aspectos ligados á sostibilidade da construción, ou a imperiosa necesidade de reducir os consumos de enerxía entre todos os axentes implicados na rehabilitación cuxo encontro propicia este congreso.
Unhas mil persoas participarán en 2012 no IV Congreso Internacional de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios
23/11/2010 Santiago de Compostela acollerá do 12 ao 14 de abril de 2012 o IV Congreso Internacional de Patoloxía e Rehabilitación de Edificios (Patorreb). Os detalles do mesmo explicáronos en rolda de prensa o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; o decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Celestino García Braña; e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández.
Este congreso ten como obxectivo primordial divulgar as técnicas e as preocupacións da rehabilitación. Celebrouse en 2003, 2006 e 2009 na Facultade de Enxeñería da Universidade de Porto, reunindo a máis de 600 participantes entre profesores, investigadores, estudantes, construtores, proxectistas, enxeñeiros e outros profesionais.O punto de partida será una reflexión sobre a patoloxía da construción e os seus múltiples ámbitos específicos, e como se combinan estes coa rehabilitación arquitectónica. Amplíanse os temas presentados en edicións anteriores e introdúcense novos puntos de vista, ofrecendo un perfil máis aberto do congreso para a participación de diferentes profesionais vinculados ao mundo da edificación e o urbanismo.