A Real Filharmonía apoia cun concerto a Proxecto Home

19/01/2006 A Real Filharmonía de Galicia
ofrece o venres 20 de xaneiro ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, un concerto para apoiar a Proxecto Home.

Como recoñecemento á importante labor que Proxecto Home leva realizando durante tres décadas, o importe íntegro da recaudación sdeste concerto erá destinado a esta entidade para que poida seguir apoiando a rehabilitación de persoas con drogodependencias.

O concerto estará dirixido por Maximino Zumalave. Nesta ocasión a orquesta tamén contará coa presenza do violinista Nikolay Velikov.

A Real Filharmonía interpretará o Concerto para Violín número 3 en sol maior, KV 216 de Wolfang Amadeus Mozart; el Schicksalslied, de Johannes Brahms, e Nänie, op. 82, do mesmo compositor.

Esta actuación enmárcase nos actos de conmemoración do décimo aniversario da orquestra de cámara compostelá.

As entradas pódense adquirir na sé de Proxecto Home (C/ Campillo de San Francisco, 5. Edif. San Martín Pinario) e no Auditorio de Galicia. Haberá unha fila cero para as persoas que queiran colaborar aínda que non poidan asistir.

Compartir: