PARTICIPACIÓN CIDADÁ

A Casa das Asociacións acolle un taller de iniciación ás novas tecnoloxías

17/11/2010 A Concellería de Participación Cidadá organiza un taller de iniciación ás novas tecnoloxías na nova aula de informática da Casa das Asociacións (rúa Manuel Beiras, 3). Aínda quedan prazas vacantes para este curso gratuíto, dirixido a adultos de calquera asociación. Comeza mañá xoves.

Este é o primeiro curso da campaña denominada "Participación Cidadá 2.0", coa que a Concellería de Participación Cidadá pon en marcha a aula de informática recentemente inaugurada. Ademais da utilización libre por todos os composteláns da Zona Wifi e dos portátiles da aula nos horarios de atención da Casa das Asociacións, programáronse diversos talleres e actividades.

O taller de iniciación ás novas tecnoloxías permitirá aos participantes aprender as cuestións básicas relacionadas co manexo do ordenador e internet. Estará impartido por tres monitores da empresa Unayta.

Visita á Cidade da Cultura
Por outra parte, tamén coa colaboración da Casa das Asociacións, cómpre lembrar que o vindeiro sábado, 20 de novembro, un grupo de 30 persoas realizará unha visita á Cidade da Cultura.

Compartir: