ALCALDÍA

Santiago de Compostela reúne un ano máis o mellor do squash internacional

17/11/2010 A pista de cristal instalada no centro comercial Área Central acolle unha nova edición do Torneo Internacional de Squash "Cidade de Santiago". O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu os organizadores e algúns participantes desta competición, que se celebra do 15 ao 20 de novembro.

Sánchez Bugallo destacou a trascendencia en canto a prestixio e seguimento que cada ano adquire este torneo, integrado no Circuíto Mundial de Squash. Grazas ao mesmo, compiten en Compostela algúns dos mellores xogadores e xogadoras do mundo desta disciplina. A espectacularidade da pista acristalada de Área Central fai tamén que cada ano se achegue máis xente a presenciar os diferentes partidos.

As finais femenina e masculina celebraranse, respectivamente, ás 18:30 e 19:15 horas do sábado 20. Posteriormente terá lugar a cerimonia de clausura e a entrega de trofeos.

Compartir: