ALCALDÍA

Santiago de Compostela súmase aos actos do Día Mundial da Diabete

14/11/2010 Como cada 14 de novembro, celebrouse o Día Mundial da Diabete. Con este motivo, a Asociación Compostelá de Diabéticos instalou na praza do Toural unha carpa informativa, onde tamén se podía realizar probas de control do azucre no sangue.

O alcalde achegouse ata esta carpa, acompañado pola concelleira de Benestar Social, Mar Martín. Ademais de compartir uns minutos cos integrantes da Asociación Compostelá de Diabéticos, Xosé A. Sánchez Bugallo someteuse á proba para controlar o seu nivel de azucre.

Compartir: