INFRAESTRUTURAS

Comeza a construción da autovía a Brión

19/01/2006 Prevese que as obras estean acabadas en abril de 2008. O trazado terá 12,5 quilómetros, xunto a tres quilómetros máis de enlace entre a localidade de Pardiñas e As Galanas.

Cun orzamento de 108,8 millóns de euros e un prazo de execución de 28 meses, a construción da autovía Santiago-Brión (AG-56) comezou hoxe, xoves 19 de xaneiro, coa colocación da primeira pedra.

Ao acto, presidido polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asistiu o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Na inauguración das obras tamén estiveron presentes a conselleira de Política Territorial, María José Caride, e o alcalde de Ames, Carlos Fernández.

Trala construción da autovía, agárdase que os atascos entre Bertamiráns e Santiago se vexan notablemente reducidos. Segundo datos da Administración autonómica, a autovía será empregada por unha media de 20.394 automobilistas ao día.

Compartir: