ALCALDÍA

O alcalde reúnese cos ministros de Xustiza de España, Brasil, Arxentina e Portugal

02/11/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi cos ministros de Xustiza de España, Brasil, Arxentina e Portugal. Todos eles asinaron no Libro de Honra.

O ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, e os seus homólogos catro ministros están en Santiago para asinar o "Tratado de Compostela", un acordo que permitirá simplificar as extradicións entre estes países e así axilizar a loita coordinada contra a criminalidade transfronteriza e contra a impunidade entre os países firmantes. Ademais de Caamaño, subscribirán o acordo o ministro de Xustiza de Portugal, Alberto Martins; o viceministro de Xustiza de Brasil, Rafael Favetti e a coordinadora xeral do Ministerio de
Xustiza, Seguridade e Dereitos Humanos de Arxentina,
Adriana Alfonso.

Compartir: