MOBILIDADE

As canceladoras da tarxeta metropolitana estarán listas antes de final de ano

28/10/2010 A Xunta de Goberno aprobou o convenio de colaboración entre o Concello, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a UTE Tralusa para o fomento da implantación da tarxeta metropolitana no ámbito na comarca de Santiago. Ademais, procedeuse a aceptar o compromiso de financiamento da adquisición das máquinas canceladoras necesarias.

O concelleiro de Mobilidade e Transportes, Carlos Nieves, explicou o contido do convenio, en virtude do cal a Xunta de Galicia achegará 230.000 euros para a adquisición de 63 máquinas canceladoras destinadas aos autobuses do transporte urbano de Santiago. Isto permitirá que os viaxeiros da comarca poidan facer un transbordo gratuíto no servizo urbano compostelán. Indicou que estas novas canceladoras estarán listas antes de que remate o ano.

O convenio tamén recolle outro punto, como é o financiamento da adquisición de tres novos autobuses limpos para o transporte urbano da cidade. Aprobado este acordo, Nieves expresou o seu desexo de que o transporte metropolitano se poña en marcha en todos os seus termos á maior brevidade.

Compartir: