ALCALDÍA

Os veciños de Lavacolla estrean o seu moderno e singular centro sociocultural

24/10/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, inauguraron o novo centro sociocultural de Lavacolla, situado na rúa Sionlla s/n, na parroquia de San Paio de Sabugueira. O organismo provincial investiu 513.828 euros nestas obras.

Do total do investimento, 213.503 euros foron destinados á adquisición do inmoble, 280.312 ás obras de rehabilitación e 20.013 euros á dotación de mobiliario. O novo local social, de 552 metros cadrados, conta con planta baixa, primeira planta e baixo cuberta e dispón de salón de actos, ascensor, sala de estar para a terceira idade, aseos adaptados para persoas con discapacidade, sala de informática, biblioteca, sala de reunións, taller e almacén entre outras instalacións.

Compartir: