EDUCACIÓN

Catro mil catro pasiños para coñecer a iconografía xacobea

22/10/2010 Os nenos e nenas das escolas infantís de Fontiñas, Conxo, San Roque e Tambre realizaron unha peregrinación dende o patio do colexio La Salle a praza do Obradoiro. Alí foron recibidos polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

O obxectivo desta iniciativa, denominada 4.004 pasiños, era difundir entre os máis pequenos e as súas familias a importancia do Ano Santo, recoñecer a iconografía xacobea e fomentar valores de respecto, solidariedade e convivencia. Ademais, como extensión do Programa Municipal de Educación Viaria e na Autoprotección, queríanse promover valores de bo comportamento como peóns e futuros condutores.

Os pequenos e pequenas, ataviados cun peto verde, percorreron a rúa Algalia de Arriba, a praza de Cervantes, Acibechería, praza da Inmaculada, arco do Pazo de Xelmírez e praza do Obradoiro. Neste punto, celebrouse un breve acto institucional, cunha solta de globos e a entrega de agasallos ao alcalde por parte dos nenos.

Compartir: