ALCALDÍA

Novo centro de formación para o emprego no polígono do Tambre

21/10/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración no polígono do Tambre do novo centro de servizos centrais e formación de FOREM Santiago (Formación para o Emprego).

Sánchez Bugallo manifestou a súa alegría pola apertura deste centro no polígono do Tambre, poucos días despois da inauguración do Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa, Cersia Empresa, en San Lázaro. Bugallo salientou o papel de CCOO na loita pola democracia e, en xeral, "a imprescindible función social dos sindicatos nestes momentos duros".

Xunto ao alcalde, participaron no acto de inauguración, entre outros, o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.

Compartir: