ALCALDÍA

O Concello agradece ao Arcebispado a instalación dunha pantalla xigante na Praza Roxa con motivo da visita do Papa

18/10/2010 O alcalde compostelán, Xosé A Sánchez Bugallo, agradece ao Arcebispado de Santiago en xeral e ao coordinador da visita do Papa a Santiago, Monseñor Salvador Domato, en particular, así como á Televisión de Galicia, a instalación dunha pantalla xigante na Praza Roxa, trala suxerencia realizada pola Alcaldía e a petición de diferentes sectores sociais da cidade, para que os composteláns da zona e os que decidan optar por este escenario poidan seguir a visita de Benedicto XVI.

O Arcebispado proxectara inicialmente a colocación de pantallas no interior da Catedral, San Martiño Pinario e Colexio La Salle, así como no paseo central da Alameda, praza do Toural, praza da Quintana e praza de Cervantes. Finalmente, e tralas xestións levadas a cabo entre o Concello e o Arcebispado, a Praza Roxa tamén contará con esta infraestrutura o vindeiro día 6 de novembro, dando así cobertura ao Ensanche da cidade.

Compartir: