MEDIO AMBIENTE

O Parque de Belvís acolle a I Feira de Outono do Mercado entre lusco e fusco

18/10/2010 O martes 19, o Parque de Belvís acollerá I Feira do Outono do Mercado entre lusco e fusco, que se celebrará a partires das 18:00 horas no Centro de Interpretación Ambiental de Belvís.

Despois do éxito da I Feira de Verán celebrada en xuño, agora celébrase a chegada do outono cunha festa na que haberá obradoiros de elaboración de marmeladas e de pasta de dentes, xogos tradicionais, contacontos, castañas, música... Sen esquecer o mercado habitual con produtos locais, de temporada, ecolóxicos e de comercio xusto.

A concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos manifestou "o apoio decidido da Concellaría a esta iniciativa, que contribúe a aproveitar as potencialidades do parque de Belvís e tamén axuda a achegar á veciñanza, nun horario diferente, produtos sans e de calidade, cultivados de xeito respectuoso co ambiente". Engadiu que "as feiras que se realizan para dar a benvida a cada unha das estacións son unha boa oportunidade de probar os produtos de temporada e o convivio interxeracional".

Programa:

17:59h | Comezo da Feira
18:30h | Obradoiro de elaboración de pasta de dentes. Adega
19:00h | Mercado de troco (comezo e recollida). Verdegaia
19:00h | Documental "Que culpa tiene el tomate", no Museo do Pobo Galego. 19:15h | Contacontos. lolanda Aldrei
19:45h | Obradoiro de elaboración de marmeladas. A Hortiña
20:15h | Mercado de troco (sorteo)
21:15h | Magosto/degustación
21:45h | "Os Estalotes"
Ao longo de toda a festa: -Degustación de produtos de temporada e xogos tradicionais.

Compartir: