ALCALDÍA

Santiago acolle o X Congreso Internacional de Postulantes Europeos

15/10/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración do X Congreso Internacional de Postulantes Europeos, que se celebra no Palacio de Congresos do 15 ao 17 de outubro. O evento foi aberto polo ministro de Xustiza, Francisco Caamaño.

"Xustiza e postulación, unha realidade indisoluble" é o título deste Congreso, que reúne en Santiago a procuradores para falar do presente e futuro da profesión en torno a dúas mesas redondas.

Compartir: