ORZAMENTOS

Os orzamentos municipais para o 2006 serán aprobados o 9 de xaneiro

05/01/2006 O Concello de Santiago celebrará o luns 9 de xaneiro o pleno no que se aprobarán os orzamentos municipais para o 2006. O Concello contará este ano con 99.537.930 euros no capítulo de ingresos e no capítulo de gastos con 95.037.930 euros

Segundo o concelleiro de Facenda, Xaquín Fernández Leiceaga, este serán uns orzamentos "máis elevados" en términos nominais que o Concello de Santiago tivo en toda a súa historia, xa que "casi se rozan os 100 millóns de euros". Probablemente estes sexan os orzamentos máis altos de tódolos municipios galegos en euros por habitante, xa que se prevé que na capital galega sexan de 1.080 euros.

Os futuros orzamentos recollen un superávit inicial de 4,5 millóns de euros que permitirá absorber o remanente negativo de tesourería e seguir coa estratexia de saneamento financieiro, apóstase pola contención do gasto.

Prevese un aumento de ingresos de 9,4 millóns de euros con respecto aos orzamentos do 2005, debido á evolución positiva que se espera que teña Emuvissa e á mellora de previsións de financiación procedente doutras administracións públicas. Ese incremento tamén se explicará pola suba de impostos directos, indirectos así como de tasas e outros ingresos. Con respecto ao presuposto de gastos o concelleiro de Facenda resaltou "o esforzo de contención de gasto corrente".

As inversións reais suporán un total de 23,71 millóns de euros, destacando os 15,3 millóns de euros que se adicarán á creación de novas infraestructuras urbanas como son a urbanización de polígonos de vivenda, as dotacións de saneamento, o abastecemento e distribución de auga, o plan de Acción Municipal en barrios e rural e o programa de reurbanización do Ensanche. Cinco millones de euros serán destinados a potenciar a política de guarderías urbanas e para avanzar outros proxectos.

Este será o primeiro ano en que a Estación de Autobuses pasa a ser xestionada plenamente por Tussa, polo que non aparce nos orzamentos municipais, salvo unha partida para a sustitución dunha escaleira mecánica que se financiará con fondos da Diputación Municipal de A Coruña

Documentos relacionados



Compartir: